Publicacións

C21 presenta a súa candidatura

Imaxe
A Xunta Electoral de Zona fixo públicas as listas cara as Eleccións Municipais, e témolo pracer de presentar ao excelente grupo humano que forma a nosa candidatura en Tui. Os liberáis presentamos un proxecto sólido, formado por persoas de múltiples experiencias vitáis e profesionáis que queremos abrir camiños aos tudenses. Tamén queremos agradecer o dispor das 6 persoas que ofrecéronse a vir con nos, pero que por razóns de limitacións legáis no número de compoñentes das listas, finalmente non se ven reflectidas na listaxe, pero que si están presentes no noso corazón. 1 José Manuel Palacín Rodríguez 2 Eduardo Freiría Martínez 3 María Jesús Guinde Martínez 4 Elia Gónzález Rodríguez 5 Ricardo Rodríguez Hernández 6 José Álvarez Núñez 7 Evaristo Saa Pumar 8 Lisardo Antonio Jiménez Jiménez 9 Mónica Romero González 10 Sonia Santos Ferreira 11 José Rafael Martínez Sigüenza 12 María Cruz Caballero Rodríguez 13 Manuel Tomás Vázquez Abad 14 María Aurea Fernández Fernández 15 María Jesús Da Silva

Converxencia 21 - Tui felicitamos a cidadanía as festas de San Telmo.

Imaxe
    En nome de Converxencia 21 quero felicitar estas festas patronais de San Telmo a cidadanía de Tui. Son días que pasamos entre amigos e familia, vivindo con recollemento e orgullo as nosas tradicións e expresándonos con alegría e de forma aberta nos eventos máis lúdicos. Pero, si me permiten, desexo aportar unha pequena reflexión. Estes días, dedicados ao noso Patrón San Telmo, somos anfitrións na nosa cidade para milleiros de persoas que nos visitan. Contemplemos por un segundo o asombro que nestes visitantes causa cada liña escrita da nosa historia e cada expresión material e inmaterial do noso patrimonio! O que temos en Tui causa admiración!, por iso debemos estar orgullosos do noso pasado, deses tempos pretéritos de gloria e de prosperidade que non debemos perder de vista como referente. Sen embargo, tamén debemos mirar para adiante, cara ao futuro, con esperanza nas nosas posibilidades porque si fomos capaces de ser grandes, volveremos a selo. En todo caso, hoxe, día principal

C21 congratúlase do anuncio da restauración do Teatro Principal con fondos PIREP .

Imaxe
  Congratulámonos enormemente da nova de que o Teatro Principal fose un dos inmobles que recibirán fondos PIREP a través do MITMA dentro da Liña 2 do Programa de Impulso á Rehabilitación de Edificios Públicos de titularidade local con 772.000 euros ao final destes catro anos do Goberno de Enrique Cabaleiro en Tui.   Trátase do impulso definitivo e ineludible para a rehabilitación deste emblemático edificio que ha de acometerse neste próximo mandato para convertirse nun punto neurálxico da cultura así como de elemento difusor de rexeneración urbana no centro histórico.   Por parte de C21, a rehabilitación do Teatro Principal foi sempre un dos puntos esenciais nas nosas propostas desde as primeiras eleccións ás que concorremos en 2011. E seguiuno a ser durante o noso goberno entre 2017 e 2019. Nese periodo, baixo o mandato de Carlos Vázquez Padín e a dirección das áreas de Cultura e Patrimonio de Eduardo Freiría Martínez, déronse os primeiros pasos de cara a futura rehabilitación e val

Converxencia 21 lamentan os terribles ocorridos no Casco Histórico de Tui.

Imaxe
  O concelleiro de Converxencia 21, José Palacín, ven de mostrar a súa consternación pola queima indiscriminada de vehículos acaecida durante a pasada noite no Centro Histórico de Tui. Os liberais, ante todo, solidarízanse cos veciños que foron vítimas desta barbarie e afirman que colaborarán co Goberno nas axudas que se destiñen a paliar os danos. Do mesmo modo, felicitan  aos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado pola rápido esclarecemento do caso.  Palacín expresa literalmente: “O centro Histórico de Tui sufríu un dos golpes máis duros da súa historia, e insiste en que debe reforzarse a seguridade e mellorarse os protocolos de intervención polos servizos de emerxencia”. Prensa