Publicacións

Converxencia 21 pide que se estude a posible retirada dunha xardineira en San Bartolomé.

Imaxe
  O noso concelleiro, que continua co programa de C21 #tuiseguro, acaba de solicitar que se estude por parte das concellerías de Obras e de Patrimonio a retirada e conversión en solo firme de pedra do espazo que ocupa actualmente un xardineira que debería albergar unha árbore, pero que non existe na praza do barrio de San Bartolomé. Os liberais alegamos por unha banda que ter ese espazo destrozado e valeiro afea a contorna e que ademais o Concello debería estudar a eliminación da estrutura posto que a procesión do santo pasa xusto por ese lugar resultando un perigo e dende logo entorpecendo o tránsito. A tal efecto, José Palacín pide que: “Se estude con Patrimonio a retirada porque si algún transeúnte e sobre todo, algún portador de imaxes da procesión tropeza neste lugar pode producirse unha desgraza”.  

C21 solicita o arranxo do paso de peóns da Rúa Foxo debido aos múltiples tropezóns dos transeíuntes.

Imaxe
  O noso concelleiro, ven de solicitar ao Goberno Local e por rexistro de entrada o arranxo do enlosusado do paso de peóns que se localiza na Rúa Foxo debido a que son varios os transeúntes que levan tropezado nese lugar, chegando incluso a producirse lesións de consideración.    Prensa.   Radio Municipal de Tui. Noticias 17/07/2023   Telemariñas

C21 solicita que se recorte o saínte da beirarrúa na intersección da Rúa Maristas con Rúa Ourense dentro da renovación do seu Plan #Tuiseguro.

Imaxe
  O noso concelleiro, José Palacín, ven de manifestar a nosa intención de continuar co programa #tuiseguro durante catro anos máis. Os centristas consideramos fundamental manter o ritmo da introdución de rexistros ao Goberno Local en pos da mellora da accesibilidade e de tratar de evitar accidentes debido a posibles situacións de degradación ou falta de seguridade das contornas urbana e rural. Esta decisión foi comunicada por José Palacín ao Sr. Alcalde, Enrique Cabaleiro, no marco das reunións previas ao pleno organizativo. Neste aspecto, o concelleiro acaba de introducir un rexistro para que se recorte a dimensión do saínte da beirarrúa na intersección da Rúa Maristas con Rúa Ourense. Palacín pide un recorte aproximado de 70 cms porque pode producirse un accidente ao xirar os autobuses nesa dirección e sobre todo na contraria. Isto é así por falta de espazo e xeración de ángulos mortos. Prensa Radio Municipal de Tui. 2023/07/05

C21 inicia o mandato solicitando o regreso do Mercado do Xoves cara ao centro de Tui.

Imaxe
  O noso recente electo concelleiro, José Palacín, iniciará o mandato intentando sacar adiante unha medida que considera vital para a dinamización de Tui, o regreso do Mercadillo do Xoves cara ao centro, establecéndose principalmente no Paseo da Corredoira e Augusto González Besada. Palacín entende que: “Estamos ante un novo escenario de maiorías, pero sobre todo, creemos que é unha medida que pode beneficiar a mercaderes, a usuarios e tamén ao propio comercio local, interactuando todos para dinamizarse, ademais que suporía a recuperación dunha tradición”. A tal efecto, os liberais presentaremos unha moción no primeiro pleno efectivo deste mandato, lembrando que este asunto foi “un dos nosos grandes cabalos de batalla durante o mandato anterior” e anuncian una etapa de iniciativas e vontade construtiva.  C21 está aberto a consensuar a entrada de outros grupos na moción.    Prensa.  Radio Municipal de Tui. 03/06/2023 Infomiño