Publicacións

Converxencia 21 solicita o arranxo do solo do parque do Paseo fluvial

Imaxe
O noso concelleiro, José Palacín, ven de solicitar por rexistro que se arranxe o firme do parque infantil do paseo fluvial que está levantado e deteriorado, supoñendo un certo perigo en caso de que un neno caia nesa zona de cemento. Os liberais levamos catro anos solicitando un contrato pechado para o mantemento de parques, cuestión na que foi pioneiro o Goberno de C21. Do mesmo modo, hai espazos de ocio infantil como o traseiro do Edificio da Asociación Mosteiro de Pexegueiro / Comunidade de Montes de Pexegueiro que necesitarían unha remodelación total, tanto nos elementos de xogo, como nos accesos como no firme. De feito, na liña do mandato anterior, C21 está visitando as parroquias para supervisar o estado dos parques.

Converxencia 21 solicita que se tapen os baches que salpican a baixada cara a Pexegueiro, antes da Fonte dos Curros.

Imaxe
  O concelleiro de Converxencia 21, José Palacín, ven de solicitar por rexistro que se tapen os buratos que salpican o percorrido entre o cruce da PO - 340 e a Fonte dos Curros cara a Pexegueiro. Aínda que a vía atópase en razoable estado de conservación, precisamente, a presenza puntual deses profundos baches sorprende aos condutores e pode causar danos aos vehículos e incluso algún accidente. Do mesmo modo, e neste sentido, os liberais piden un mellor mantemento das estradas que percorren as parroquias tudenses.

Converxencia 21 solicita un mellor mantemento das máquinas de ximnasia e outros elementos do paseo fluvial.

Imaxe
O concelleiro de Converxencia 21, José Palacín, ven de solicitar por rexistro de entrada a mellora do mantemento nas máquinas de ximnasia biosaludables do paseo fluvial, así como outros elementos como a rede de voleibol e algún columpio do paseo fluvial. Dito mobiliario urbano atopase oxidado e no caso das máquinas de exercicio para persoas maiores carentes de pezas ou fora de funcionamento. Para C21 a cultura do mantemento debe prevalecer sobre a política de inauguracións faraónicas, por iso ven acordando co goberno que se aborden as licitacións de parques e xardíns e que se aborde un contrato de mantemento para os parques infantís. Do mesmo modo, C21 iniciará, como no mandato pasado unha rolda de inspección polos parques da parroquias para comprobar o seu estado.     

Por que non aprobamos os orzamentos do Partido Socialista neste 2024?

Imaxe
  Na última sesión plenaria, a de maio, o Goberno Local presentaba os orzamentos de este ano 2024, uns presupostos que o propio Sr. Concelleiro de Facenda, D. Miguel Méndez, catalogaba como de transición e como o Sr. Alcalde recoñecía, chegaron ao Pleno sen ningún tipo de comunicación nin, por suposto, consenso cos demais grupos da Corporación de Tui, incluíndo a Converxencia 21. Os liberais de Tui optamos por rexeitalo. Nas declaracións dos dirixentes do PSOE atópanse varias claves deste rexeitamento: 1) A data tardía de presentación, nin mais nin menos que o mes de maio, cando un orzamento debe estar listo en novembro ou decembro do ano anterior o como moito en xaneiro do ano corrente. Son 6 meses de retraso co cal parte de dito orzamento xa está executado e toda a intención de previsión perde o seu sentido. O Partido Socialista de Tui nunca foi capaz de plantexar un orzamento en tempo e forma dende que goberna. 2) A absoluta falta de diálogo. Todos sabemos co Goberno do Sr. Cab...