C21 solicita que se tramite a recolocación da tapa dunha caixa telefónica na Rúa Concordia e reclama coordinación entre concellerías para atender estas cuestións.
![Imaxe](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgxk7MSvXcfEBiA6c_D-OwrEwcaNCWMdZLZk_w3TWq7Rk109JfDryc65JqsplXeCi6hidbvv1AbSElpqegm_sGlKdI14aprbIf2jRa_D_ORLgg-Svy4OTD-8xlr60PbgLdFcr_bEO9jFl1ju2x-6F-d_LyXTv4sf6B-mwKuat0FoVwi29IhocVaOTfV/w580-h640/ok%20caja%20pins%20.jpeg)
O noso concelleiro, José Palacín, acaba de solicitar por rexistro que se proceda a tramitación para que se recoloque a tapa dunha caixa de conexións de teléfono que está sita na Rúa Concordia, a altura do Nº 55. Este poste destapado ofrece unha pésima imaxe, ao marxe de que calquera pode manipular o interior e avariar o entramado de pares. C21 leva tres anos traballando na súa campaña #tuiseguro e reclama maior coordinación entre as concellerías de Seguridade, Urbanismo, Medio Ambiente, Patrimonio e Vías e Obras para subsanar as deficiencias que se presentan neste ámbito das infraestruturas e plantexarán nos próximos meses protocolos de actuación máis eficientes e mellor coordinados. Prensa. Radio Municipal de Tui. Noticias 13,30 do día 26/09/2022.